LENTELLAS
INGREDENTES
|
UTENSILIOS
|
400
gramos de lentellas
2
litros de auga
250
gramos de chourizo
300
gramos de cenoria
300
gramos de espinacas [poden ser nabizas,acelgas,cabaciña...]
150
gramos de touciño [pode ser xamón,pavo...]
Unha
cullerada de sobremesa de cominos
Unha
cullerada tamaño sobremesa de sal
Tres ou catro follas de loureiro
|
Unha
ola ou tarteira grande
Coitelo
Unha
táboa para cortar
|
MODO
DE PREPARACIÓN
Se
as verduras son conxeladas deixámolas fóra do conxelador 1 hora
antes de facer a receita.
Despois
partímolas en anacos pequenos.
Lavamos
e pelamos as cenorias e cortámolas en anacos pequenos.
Cortamos
o chourizo en rebandas e o touciño en tacos.
Poñemos
tódolos ingredientes dentro da ola ou tarteira. Ao lume moi forte
ata que comece a ferver.
Poñémoslle
a tapa á tarteira e baixamos o lume ao mínimo,comprobando que non
saia nada de vapor entre a tapa e a tarteira.
Esperamos
unha hora e probámolas e se non están brandas, deixámolas dez
minutos máis.
Se
vemos que están moi espesas,podemos engadir un vaso de auga quente e
remexer con coidado.
É
moito mellor cociñalas o día anterior ó que as imos comer,pero
podemos comelas o mesmo día que as preparamos.
Se
sobran, metémolas nunha friameira e conxelámolas. O día anterior
a comelas, sacámolas do conxelador para que a desconxelación sexa
lenta.
Cando
estean desconxeladas,podémolas quentar no microondas ou botar nunha
tarteira e quentalas a lume moi moi lento para evitar que se desfagan
as lentellas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario