Páxinas

mércores, 27 de maio de 2015



 Receta de:David Requejo Ruzo,Alex Prados Montero,Sergio Requejo Ruzo , Alexandre Pérez Dopico.


CALDO DE CARNE PARA SOUPA , PURE DE VERDURA OU ARROZ

UTENSILIOS:

Dúas tarteiras
Coador
Culler

INGREDiENTES:

2 esqueletos de polo
1 chourizo
1 óso de cana
2 cenorias
1 porro
1 póla de apio
3 litros de auga



MODO DE PREPARACION:


Poñemos a auga ao lume forte e metemos tódolos os ingredientes .
Cando empece a ferver , poñemos a tapa , baixamos o lume ( de 9 números o poñémolo a 3) .






A os 45 / 50 minutos sacamos tódolos os ingredientes cunha espumadeira e poñémolo nunha fonte . Tiramos o apio .
O resto dos ingredientes podemos aproveitalos picándoos para facer croquetas , pisto o un recheo .
Coamos o caldo e deixámolo arrefriar , cando estea frío metémolo na neveira durante unha noite .
Cando o saqueimos na neveira se abra formado unha capa de graxa na parte superior do caldo ; con axuda dunha cullerada retiramos a graxa e a tiramos .










  

mércores, 13 de maio de 2015


BISCOITO DE IOGUR

Receta publicada por: Csaba Roi Cachaza Martín,Verónica Couto Pereira, Roi Saiz Mallo y Jenifer Santalla Jimenez.

INGREDIENTES:

Tres ovos 150 gramos.
Un iogur natural, pode ser grego, 125 gramos.
Unha medida de iogur de aceite, 100 mililitros/gramos.
Dúas medidas de iogur de azúcre, 240 gramos.
Tres medidas de iogur de levedura, 210 gramos.
Un sobre de levedura, 15 gramos.
Reladura de limón ou laranxa.
Unha cullerada de manteiga.
Opcional, un presada de noces.

UTENSILIOS:

Un bol ou fonte profunda para preparar a mestura.

Un molde de biscoito alargado ou redondo

FORNO.


MODO DE PREPARACIÓN:

Acender o forno a 175 ºC.
Botamos no bol os tres ovos, o iogur, o aceite e o azúcre.
Batemos un pouco a mestura e, cando estéa uniforme, engadimos pouco a pouco a fariña
e a levedura.
Nun prato pequeno relamos a parte amarelo da pel dun limón ou laranxa.
No lugar dos cítricos podemos botar cacao, chocolate ou canela.
Opcional: collemos unhas poucas de noces; eleximos catro ou cinco que teñan unha forma xeitosa e as separamos. Esmagamos o resto un pouco e engadimos á masa.
Untamos o molde con manteiga ou aceite e botamos a mezcla dentro.
Adornamos porenriba coas noces
Metemos o molde no forno e o deixámolo unha hora.
Pasado este tempo, pedimos a un adulto que coa folla dun coitelo limpo atravese o biscoito. 
Se sae manchado da masa, deixámolo dentro do forno cinco minutos máis.
Cando esté frio, extraemos cun coitelo o biscoito do molde e colocámolo nunha fonte.