Páxinas

mércores, 10 de xuño de 2015




TORRADAS

INGREDIENTES
Unha barra de pan.
Un ovo grande ou dous pequenos.
1/4 litro de leite.
Aceite de xirasol.
150 gramos de azucre.
Un pouco de canela.
Un pouco de anís.

MODO DE PREPARACIÓN
Cortamos o pan en rebandas dun dedo de ancho.
Nun prato fondo batemos o ovo.
Noutro prato fondo botamos un pouco de leite.
Noutro prato mesturamos o azucre coa canela en po.
Collemos as rebandas de pan e pasámolas polo leite (pouco) despois polo ovo batido
e vámolas fritindo na tixola co aceite quente.
Dámoslle a volta dentro da tixola para que fritan polos dous lados.
Ao sacalas da tixola vámolas pasando pola mestura do azucre coa canela,volta e volta.
Se queremos lle botamos por enriba unhas pinguiñas de anís.

Ningún comentario: